Calendario de eventos

06 Abril 2020

A Consellería de Educación apraza as probas de acceso a ciclos de FP de grao superior

A Consellería de Educación vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso. Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio.