Extraescolares

Aquí podes ver as Actividades Complementarias e Extraescolares realizadas polo alumnado do noso centro.

18/12/2015: TRABALLO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE PRIMEIRO DA ESO

 

 

 

25/11/2015: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

29/10/2015: SAMAÍN 2015

No Samaín deste curso houbo castañas e xogos populares.

 

ZONA PING-PONG

A partires deste curso o alumnado poderá desfrutar das mesas de ping-pong que fixemos entre todos.

 

CONCERTO DE NARF

Puidemos escoitar poemas de Rosalía a ritmo de rock, ademais de coñecer músicas tradicionais de países coma Mozambique ou Angola cos que compartimos unha lingua semellante.

 

CERTAME LETRAS GALEGAS

Entrega de premios aos gañadores do “CERTAME ARTÍSTICO LETRAS GALEGAS” Parabéns aos gañadores!!

Relato: “DESILUSIÓN DUNHA NOITE DOCE” de  Miriam Pérez Lago (2º ESO) e Relato sen título de Yael Sampedro (4º ESO)

Poesía: “OS ANTAGONISTAS” de Érik  Vázquez (2º ESO) e “DÍAS COMA ESTE” de Sarai Cajaraville Resúa (4º ESO)

 

INVENTANDO QUIMERAS

No obradoiro de narrativa con Marcos Calveiro o alumnado de 1º e 2º de ESO elaboraron caligramas, inventaron orixinais finais para vellos contos, crearon quimeras...

 

DE LERIA CON CASTELAO

A compañía GALETEATRO representou a obra “DE LERIA CON CASTELAO” que nos achegou a figura de Castelao a través dos textos Retrincos, Os dous de sempre e Cousas, ...

 

ENTROIDO 2014

Houbo concurso de disfraces e de repostería de Entroido, coreografías e moita música.

 

VISITA AO CIFP MONTE DE CONXO

Os alumnos de 4º da ESO foron a Santiago para coñecer a oferta educativa de formación profesional e facer as primeiras prácticas.

 

CURSO DE TRABALLO VERTICAL

Os alumnos do ciclo de Instalacións de telecomunicacións realizaron un curso de traballo vertical organizado por Gerardo Rodríguez.

 

 

 

 

VISITA AO CIQUS

Os alumnos de 2º de bacharelato participaron nas xornadas de divulgación do Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares.

 

 

SAMAÍN 2014

Houbo concurso literario, castañas e xogos populares.