CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA. Duración: 2000 horas (2 cursos)
Perfil profesional
1. Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financiero e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
2. En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecen do apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
3. Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xes tión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.
4. Cales son os módulos deste ciclo e a súa duración?
1º Curso Horas
- Formación e orientación laboral (107 h.).
- Inglés (160 h.).
- Operacións administrativas da compraventa (133 h.).
- Operacións auxiliares de xestión de tesouraría (160 h.).
- Técnica contable (133 h.).
- Tratamento informático da información (267 h.).
2º Curso
- Comunicación empresarial e atención á clientela (123 h.).
- Empresa e administración (123 h.).
- Empresa na aula (156 h.).
- Formación en centros de traballo (410 h.).
- Operacións administrativas de recursos humanos (123 h.).
- Tratamento da documentación contable (105 h.).
5. Que título se obtén?
Técnico en xestión administrativa.
Se queres consultar o currículo do ciclo formativo de Xestión Administrativa pincha no seguinte enlace: