COMEZO DAS CLASES

O día 16 de setembro iniciamos o curso 2019/2020 cos mellores propósitos de cara á formación do noso alumnado.
A presentación será ás 08:45 h. e tras esta comezará a actividade lectiva con clases no horario habitual e ata ás 14:10 h.
Os autobuses recollerán ao alumnado con dereito a transporte nas paradas de costume e á mesma hora de sempre.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA CURSO 2019-20

O alumnado que supere todas as materias na convocatoria de xuño, terá de prazo para se matricular entre os días 25 de xuño e 10 de xullo, ambos os dous incluídos. As datas de matriculación, porén, preferentes serán:

  • Alumnado que se matricula para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO: xoves 27 de xuño.
  • Alumnado que se matricula para 1º e 2º de bacharelato: venres 28 de xuño.

Páxinas