2ª AVALIACIÓN - NOTAS XOVES 02 DE ABRIL

Este mércores 01/04/20 procedemos á avaliación telemática de todos os cursos. As instrucións xa se lles fixeron chegar a profesores e profesoras. O xoves día 02/04/20, as familias recibirán os boletíns de NOTAS por ABALAR e, de non ter Abalar, os titores poñeranse en contacto con elas por correo electrónico ou por teléfono.

Agradecemos a colaboración de toda a Comunidade Educativa pola colaboración prestada nestas circunstancias tan novedosas e inusuais para tod@s.

CONCURSO "ESPIÑEIRA QUEDA NA CASA APROVEITANDO O TEMPO"

Os profesores e profesoras do IES Espiñeira, sendo conscientes destes difíciles días nos que todos debemos permanecer pechados polo estado de alarma decretado polo goberno con motivo da pandemia do COVID-19 (coronavirus), queremos facer máis amena e entretido o confinamento do alumnado convocando o concurso: "Espiñeira queda na casa aproveitando o tempo".
Na seguinte ligazón atoparedes as bases para todos os que queirades participar:

Páxinas