PEDRO GARCÍA VIDAL XUBILOUSE.

O profesor de xeografía e historia Pedro García Vidal xubilouse despois de 23 anos no centro. O equipo directivo e os seus compañeiros queren expresarlle o seu mais sentido agradecemento por tódolos anos de servizo prestados como mestre e profesor. Moitas grazas e noraboa!

IES ESPIÑEIRA EN TWITTER E FACEBOOK

 O IES Espiñeira xa ten conta en Twitter e Facebook. A través destas redes sociais toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) tera acceso directo aos avisos de carácter xeral (matrícula, bolsas, libros, titorías, …) e a información variada sobre a vida cotiá do centro e as actividades que aquí se desenvolven.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016-2017 EN ESO E BACHARELATO

Procedemento de admisión de alumnado  de ESO e Bacharelato para o curso 2016/2017. De acordo coa Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, do 1 ao 15 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza no centro de adscrición, esto é, do CEIP Escarabote ao IES Espiñeira (Anexo I).

Páxinas