A partir do luns suspéndese a asistencia do alumnado ao centro

Por orde da Consellería con motivo da pandemia COVID-19, a partir do LUNS 16 de marzo o alumnado non asistirá ao centro ata novo aviso (en principio un período de 14 días).
A actividade lectiva continúa a través das plataformas dixitais ou medios "on line" habilitados para o efecto.
Toda a información e instrucións serán publicadas nesta páxina.

II Faladoiro Espazo FamiliaS Boiro: Falemos de Adolescencia e Cannabis

Este xoves 13 de febreiro ás 18.00h na casa de cultura Ramón Martínez López, a Psicóloga e Especialista en Terapia Familiar e Promoción da Saúde e Prevención de Conductas Adictivas, MARÍA JOSÉ IGLESIAS FUNGUEIRIÑO, falaranos sobre A adolescencia e o cannabis no marco da segunda edición do Faladoiro Espazo FamiliaS de Boiro. Podédevos incribir no centro ou na páxina web.

 

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Convócanse as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior para o ano 2020.

  • Grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Para máis información podes seguir a ligazón da Consellería ou consultar na Secretaría do IES Espiñeira.

Páxinas