COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Ao longo da fin de semana os titores de todos os grupos do IES Espiñeira establecerán contacto coas familias a través da aplicación Abalar, correo electrónico ou vía telefónica, para ditar instrucións sobre o proceder do profesorado nas distintas materias e coa fin de coordinármonos entre todos para continuar a actividade lectiva de forma on line.
Lembramos que toda a información de interese referida ao centro sobre esta crise será publicada na páxina web.

A partir do luns suspéndese a asistencia do alumnado ao centro

Por orde da Consellería con motivo da pandemia COVID-19, a partir do LUNS 16 de marzo o alumnado non asistirá ao centro ata novo aviso (en principio un período de 14 días).
A actividade lectiva continúa a través das plataformas dixitais ou medios "on line" habilitados para o efecto.
Toda a información e instrucións serán publicadas nesta páxina.

Páxinas