Titoría de pais e nais

O contacto frecuente entre as familias e o centro axuda a que o proceso educativo se desenvolva dun xeito eficaz.

  • Cando desexen ter unha entrevista co titor/a do seu fillo/a deben poñerse en contacto co centro (881 866 630) cuns días de antelación para que poidamos recabar a información necesaria falando co resto do profesorado.
  • Se vostede quere contactar cun dos profesores do seu fillo/a (que non sexa o titor/a) pode pedirlle cita ao titor/a chamando ao mesmo número.

A continuación aparecen as horas que os/as titores/as e profesores/as teñen destinadas no seu horario para recibir ás familias. No caso de que non poidan acudir ó centro nesa hora deben acordar outra co/a titor/a.